Xogo 7: Móvete peixe (Enviar unha orde):
Para practicar o envio de mensaxes mira en codigo octopus a pestana estrutura condicional e a continuación crea un programa no que un
personaxe de a outro a orde de moverse. Cando este a recibe, debe moverse durante un tempo cambiando de disfraz rebotando no
borde. Ao rematar enviará unha mensaxe ao
primeiro e este ao recibila dirá "fixéchelo moi ben!"
Xogo 8: A carreira
O xogo consiste nunha carreira entre 2 personaxes, coas seguintes condicións:
- Os 2 personaxes arrancan na parte esquerda da pantalla, a distinta altura (na mesma posición x e distinta posición y)
- Cada personaxe móvese ao premer unha tecla distinta, de forma que avancen 20 pasos e cambien de disfrace.
- Ao tocar o borde rebotán, e suman un punto.
Melloras:
- Verás que o sistema de puntos falla, xa que suma varios de cada vez. Pensa en como melloralo.
- Modifica o programa para que remate cando algúns dos personaxes consiga 5 puntos.