luns, 13 de novembro de 2017

PRÁCTICA 3: SCRATCH CON CÓDIGO OCTOPUS

Para seguir avanzando coa programación en scratch deixovos o enlace a código octopus, unha páxina con programas moi interesantes.

Nestas primeiras prácticas podedes copiar o código dos programas, cambiando os personaxes e escenarios.

Gardade cada programa co seu nome na vosa conta de scratch para que eu poda velos e corrixilos:

  1. Enviar unha orde: nas pestanas da esquerda, en estrutura condicional, pincha en enviar mensaxes a outro obxecto. Cando entendas para que serven as mensaxes, crea un programa no que un personaxe de a orde de moverse a outro; este debe moverse rebotando no borde e repetindo 20 veces o ciclo. Cando remate enviará unha mensaxe ao primeiro e este ao recibila dirá "fixéchelo moi ben!"
  2. Conversa: utilizando o anterior crea unha conversa entre 2 personaxes na que se envien polo menos 5 mensaxes

Ningún comentario:

Publicar un comentario

COÑECEMENTOS BÁSICOS TIC

COÑECEMENTOS BÁSICOS SOBRE O MANEXO DO ORDENADOR 1 ) Saber enviar correctamente un email 2) Saber nomear correctamente un arquivo. Regras bá...