Subín áo cartafol compartido un pdf coas scratch cards, que son as instrucións básicas que se poden facer nesta linguaxe de programación:
Ademáis, como reforzo do aprendido en cursos pasados en scratch ides facer un xogos similares aos da páxina código octopus que algúns de vos xa coñecedes. Nestas primeiras prácticas podedes copiar o código dos programas, cambiando os personaxes e escenarios (importante).
- movemento coas frechas.
- seguir o rato.
- animación en movemento.
- gardar puntos
- deslizar.
Ademáis, como reforzo do aprendido en cursos pasados en scratch ides facer un xogos similares aos da páxina código octopus que algúns de vos xa coñecedes. Nestas primeiras prácticas podedes copiar o código dos programas, cambiando os personaxes e escenarios (importante).
Gardade cada xogo co seu nome na vosa conta de scratch para que eu poda corrixilos, fixate ben o que se traballa en cada programa, xa que é o que preguntarei no exame:
- Na praia: (cambio de disfrace, seguir o rato, como facer a puntuación dun xogo, rebotar no borde, etc)
- A pola nécora (envio de mensaxes, estruturas condicionais, movemento coas frechas, amosar e agochar, etc)
- O polbo esvaradío (ir a unha posición aleatoria, repetir unha sentencia un número de veces, dicir algo, sumar puntos cando se fai click nun personaxe, etc)
- Perigo no fondo do mar (mover personaxe coas frechas utilizando a instrución si, sensores de color, etc)
Ningún comentario:
Publicar un comentario