sábado, 24 de novembro de 2018

SEGURIDADE INFORMÁTICA

Para traballar o bloque de contidos de seguridade imos utilizar uns apuntamentos do IES María Molina;  teredes que contestar un cuestionario e un glosario en formato documento de google drive. 
O material está na carpeta compartida de drive.
Este bloque inclúe os seguintes contidos.
  • Tipos de seguridade: activa, pasiva, física e lóxica.
  • Seguridade no hardware e no software.
  • Ferramentas de análise e control de riscos.
Deixovos e enlace a unha noticia sobre ciberataques na nosa comarca

venres, 23 de novembro de 2018

BLOQUES DE CONTIDOS TIC 2ºBAC

A materia ten 3 bloques de contidos: 

Bloque 1Programación.
Bloque 2: Publicación e difusión de contidos
Bloque 3Seguridade informática.

martes, 13 de novembro de 2018

PRÁCTICA FINAL KIZOA

Esta práctica é o traballo final de edición de video.
Consiste en grabar co teu móbil pequenas esceas de 30-40 segundos que logo deberás editar e montar para crear unha historia ou pequena curtametraxe duns 4-5 minutos de duración total. (é recomendable que previamente elabores un guión).

Exemplo: Video promocional do Instituto: graba pequenas esceas das distintas dependencias do instituto (aulas, taller de tecnoloxía, aula de música e plástica, salón de actos, cafetería, etc). Tamén poden aparecer entrevistas a profesores ou compañeiros.
Outras posibles ideas: video da túa casa, video da túa cidade, un anuncio promocional dun evento, etc

O prazo para entregar os videos remata o mércores 5 de decembro (antes da ponte).

martes, 6 de novembro de 2018

PRÁCTICA 6 KIZOA

Consiste en facer un titorial no que mostres os distintos efectos que se poden facer con movie maker. Par iso utiliza un video curto, duns 4 ou 5 segundos, que terás que insertar repetidas veces mostrando cada un dos seguintes efectos:
  1. branco e negro
  2. rotar 360º
  3. pixelado
  4. velocidade dobre
  5. tono cian
  6. deteccion de bordes
  7. velocidade lenta
  8. umbral
  9. posterización
  10. espello
  11. desenfoque
  12. cinematográfico
  13. distorsionado
  14. tono sepia
  15. onda 3D

PRÁCTICA 5 KIZOA

Esta práctica consiste en facer unha montaxe con varios videos descargados da web pixebay. As instrucións están na carpeta compartida de drive.

COMEZAMOS CON SKETCHUP

Google Sketchup é un programa de deseño gráfico e modelado en 3D moi fácil de utilizar e moi potente que permite crear modelos tridimensionais de forma rápida e sinxela.
Para que poidades dar os primeiros pasos con este software deixovos 9 prácticas na carpeta compartida de drive.

iniciosketchup


luns, 5 de novembro de 2018

DESCARGA DE VIDEOS

Para a descarga de fotografías e videos gratuítos necesarios para algunhas prácticas utilizaremos a web pixebay Entra nesta páxina e bota un ollo.

COMPOÑENTES DUN ORDENADOR

Para traballar  o bloque arquitectura dun ordenador e que coñezades os compoñentes básicos dun ordenador e as súas características técnicas teredes que elaborar un presuposto para a compra dun equipo de sobremesa buscando os prezos en tendas de informática online. Mirade as instrucións desta actividade na vosa carpeta compartida de drive.


martes, 23 de outubro de 2018

PRÁCTICA 4 KIZOA


Para facer está práctica colguei uns arquivos de imaxe, audio e video no cartafol compartido de drive arquivosTIC2ºBAC.

As instrucións necesarias para facer a práctica están na fotocopia que vos entregarei na clase (editar un video con windows movie maker). Debedes ser capaces de rematar o traballo de forma autónoma, preguntándome o menos posible.

sábado, 13 de outubro de 2018

martes, 11 de setembro de 2018

Imos comezar o curso creando un blog. Sabes o que é un blog?

En pocas palabras, un blog é unha páxina web persoal que podes utilizar a modo de diario , para expresar as túas ideas, intereses, experiencias e opinións. 

Imos crear un blog usando a plataforma blogger:
como crear un blog

Para ir comezando. aqui vos deixo o  enlace a un manual de blogger e a un video titorial para os primeiros pasos na creación do voso blog

COÑECEMENTOS BÁSICOS TIC

COÑECEMENTOS BÁSICOS SOBRE O MANEXO DO ORDENADOR 1 ) Saber enviar correctamente un email 2) Saber nomear correctamente un arquivo. Regras bá...