martes, 13 de novembro de 2018

PRÁCTICA FINAL KIZOA

Esta práctica é o traballo final de edición de video.
Consiste en grabar co teu móbil pequenas esceas de 30-40 segundos que logo deberás editar e montar para crear unha historia ou pequena curtametraxe duns 4-5 minutos de duración total. (é recomendable que previamente elabores un guión).

Exemplo: Video promocional do Instituto: graba pequenas esceas das distintas dependencias do instituto (aulas, taller de tecnoloxía, aula de música e plástica, salón de actos, cafetería, etc). Tamén poden aparecer entrevistas a profesores ou compañeiros.
Outras posibles ideas: video da túa casa, video da túa cidade, un anuncio promocional dun evento, etc

O prazo para entregar os videos remata o mércores 5 de decembro (antes da ponte).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

COÑECEMENTOS BÁSICOS TIC

COÑECEMENTOS BÁSICOS SOBRE O MANEXO DO ORDENADOR 1 ) Saber enviar correctamente un email 2) Saber nomear correctamente un arquivo. Regras bá...