En tecnoloxía, o debuxo técnico utilízase para comunicar ideas. Por exemplo, antes de construír un obxecto hai que debuxalo para saber como vai ser o seu aspecto final.
Os obxectos poden debuxarse en perspectiva, cando o que queremos é que o debuxo se pareza á realidade. Existen a perspectiva isométrica e a cabeleira (entre outras).
Este ano usaremos moito mais outra forma de debuxar chamada as vistas, xa que nos permite ver moitos detalles dos obxectos. Imos ver en que consiste.
A maioría dos obxectos teñen 6 caras (a de arriba, a de abaixo e as caras laterais). Normalmente é suficiente con representar 3 caras, xa que as outras son iguais entre si. Eses 3 vistas son:
- O alzado ou vista de fronte.
- A planta ou vista dende arriba.
- O perfil ou vista dende un lado.
O alzado debe ser a vista máis representativa do obxecto, ou sexa, a que teña un maior número de detalles (por exemplo, nas vistas dunha calculadora hai que escoller como alzado a cara onde están as teclas).
Unha vez debuxado a alzado, as outras vistas deben situarse no papel nunha posición determinada:
- A planta debe debuxarse debaixo do alzado, e debe ser da mesma anchura que el.
- O perfil (esquerdo) debe debuxarse á dereita do alzado, e debe ter a mesma altura que el e ademáis a mesma profundidade que a planta.
Vistas dunha silla |
O debuxo en perpectiva da silla sería así: