venres, 7 de outubro de 2022

AS VISTAS DUN OBXECTO

En tecnoloxía, o debuxo técnico utilízase para comunicar ideas. Por exemplo, antes de construír un obxecto hai que debuxalo para saber como vai ser o seu aspecto final.  
Os obxectos poden debuxarse en perspectiva, cando o que queremos é que o debuxo se pareza á realidade. Existen a perspectiva isométrica e a cabeleira (entre outras).
Este ano usaremos moito mais outra forma de debuxar chamada as vistas, xa que nos permite ver moitos detalles dos obxectos. Imos ver en que consiste.
A maioría dos obxectos teñen 6 caras (a de arriba, a de abaixo e as caras laterais). Normalmente é suficiente con representar 3 caras, xa que as outras son iguais entre si. Eses 3 vistas son: 
  • O alzado ou vista de fronte.
  • A planta ou vista dende arriba.
  • O perfil ou vista dende un lado.
O alzado debe ser a vista máis representativa do obxecto, ou sexa, a que teña un maior número de detalles (por exemplo, nas vistas dunha calculadora hai que escoller como alzado a cara onde están as teclas).

Unha vez debuxado a alzado, as outras vistas deben situarse no papel nunha posición determinada:
  • A planta debe debuxarse debaixo do alzado, e debe ser da mesma anchura que el.
  • O perfil (esquerdo) debe debuxarse á dereita do alzado, e debe ter a mesma altura que el e ademáis a mesma profundidade que a planta. 
Fíxate nos seguintes exemplos das vistas dunha silla e dun coche:
Vistas dunha silla






O debuxo en perpectiva da silla sería así:









mércores, 7 de setembro de 2022

TECNOLOXÍA ESO

Material necesario:
  • Caderno cadriculado (ou follas soltas cadriculadas)
  • Bolígrafo azul ou negro
  • Lápis (obrigatorio para os debuxos)
  • Regra pequena
  • Funda plástica (para as fotocopias entregadas).
  • Portatil abalar (coa batería cargada).
  • Conta de gmail e cartafol de drive compartido comigo (tecnosoutomaior@gmail.com)

Nota da avaliación:
  • Exame: 4 puntos
  • Proxecto de construción e memoria técnica: 4 puntos
  • Caderno, prácticas informática, entregas edixgal: 2 puntos

A recuperación das avaliacions suspensas farase nun exame final en xuño.
Nota final: Será a media das 3 avaliacións.
A materia pode aprobarse tendo unha avaliación suspensa sempre e cando a nota da mesma sexa como mínimo un 3 e a media das 3 avaliacions sexa igual ou superior a 5
.




martes, 6 de setembro de 2022

FERRAMENTAS DA AULA TALLER

As ferramentas da aula taller serven para realizar unha ou varias das seguintes operacións:
  1. Medir, marcar e trazar.
  2. Suxeitar.
  3. Cortar e serrar
  4. Perforar. 
  5. Desbastar ou afinar.
  6. Tallar ou rebaixar.
  7. Unir, pegar, cravar ou aparafusar.
  8. Acabar ou pintar.


No seguinte video podes ver as principais ferramentas que debes coñecer e unha explicación de para que operación se usan:



COÑECEMENTOS BÁSICOS TIC

COÑECEMENTOS BÁSICOS SOBRE O MANEXO DO ORDENADOR 1 ) Saber enviar correctamente un email 2) Saber nomear correctamente un arquivo. Regras bá...