luns, 19 de outubro de 2020

DEBUXO TÉCNICO

Unha imaxe vale máis que mil palabras.

En tecnoloxía, cando estamos realizando un proxecto, antes de construír o obxecto hai unha fase de deseño, na que teremos que debuxalo en papel ou con ordenador.


Ademáis, cando fagades as memorias técnicas veredes que un dos apartados consiste en debuxar os planos do obxecto construído.


Neste materia utilizaremos o debuxo técnico máis que o artístico.




Guión do tema
  • Materiais e instrumentos de debuxo
  • Bocetos e croquis.
  • As escalas de debuxo: redución e ampliación
  • Vistas dun obxecto: alzado, planta e perfil.
  • Perspectiva cabaleira
  • Acotación: cotas e normas
  • Debuxo asistido por ordenador

sábado, 3 de outubro de 2020

Actividades para o blog

Unha ver creado e configurado o teu blog seguindo os pasos que se explican nos videos titorias anteriores, tes que facer as seguintes actividades:
  1. Envíame ao meu correo o enlace á dirección web do teu blog. Indicame se o tes configurado como público ou privado
  2. Publica a túa primeira entrada, que será a presentación do teu blog. Engade sempre unha foto e un título as túas publicacións ou entradas.
  3. Publica unha segunda entrada que será a primeiro artigo do teu blog. Engade o enlace a un video.
  4. Comenta unha entrada do blog dalgún compañeiro de clase e contesta a outro comentario no teu blog.
  5. Na pestana deseño, engade os seguintes gadgets: 
    • estatísticas.
    • seguidores do teu blog
    • lista de enlaces (con enlace a 3 páxinas web relacionadas coa temática do teu blog),
    • buscar no blog,
    • arquivos do meu blog.

xoves, 1 de outubro de 2020

Os blogs

Para traballar o bloque de contidos de deseño de páxinas web ides crear o voso propio blog usando a plataforma blogger:
Un blog é unha páxina web persoal que podes utilizar a modo de diario ou para expresar as túas ideas, intereses, experiencias e opinións. 

Antes de comezar a crear o blog é moi recomendable que vexades o seguintes videos titoriais
Tamén vos deixo o enlace a un manual de blogger 






COÑECEMENTOS BÁSICOS TIC

COÑECEMENTOS BÁSICOS SOBRE O MANEXO DO ORDENADOR 1 ) Saber enviar correctamente un email 2) Saber nomear correctamente un arquivo. Regras bá...