As vistas (alzado, planta e perfil) nos dan unha información moi precisa sobre a forma dos obxectos. Esta forma de debuxar utilízase cando queremos coñecer moitos detalles dos mesmos.
Outras veces o que nos interesa é obter unha percepción máis real do obxecto, é dicir, que o debuxo sexa parecido a como o percibe o ollo humano. Esta forma de debuxar chámase perspectiva. Hai moitos tipos, este curso utilizaremos a perspectiva cabaleira, xa que é a máis sinxela de todas. Tamén existe a perspectiva isométrica, a cónica, etc.
A perspectiva cabaleira utiliza 3 eixes para representar as 3 dimensións dos obxectos (anchura, altura e profundidade).
Nun papel cuadriculado, eses eixes son moi fáciles de debuxar, xa que o de anchura e o de altura coincide coas liñas da cuadrícula do papel, e o da profundidade coa diagonal da mesma.
Para debuxar en cabaleira, facemos en primeiro lugar o alzado do obxecto e despois trazamos as liñas de profundidade polos vértices do mesmo. Por último unimos os puntos.
Tarefa: debuxa un cubo de 6 cadriños (6x6x6) en perspectiva cabaleira.
Que pasou? O cubo parece deformado. Para solucionar este problema, e que o debuxo de sensación de realidade hai que reducir as medidas de profundidade á metade do seu valor real (3 cadros neste caso).
Exemplos de debuxos en perspectiva cabaleira