sábado, 30 de setembro de 2023

COÑECEMENTOS BÁSICOS TIC

COÑECEMENTOS BÁSICOS SOBRE O MANEXO DO ORDENADOR

1) Saber enviar correctamente un email

2) Saber nomear correctamente un arquivo. Regras básicas:

  1. Non uses espazos no medio do nome dos arquivos: ex tarefa 1 tecnoloxía
  2. Separa as palabras empregando guión baixo: "_"  tarefa1_tecnoloxía
  3. Non uses tildes nin caracteres estraños (emprega só letras e números)
  4. O nome do arquivo debe ter o seguinte formato:  nome e apelido, o curso, e nome da tarefa. Exemplo:
  • gabrielmuniz_2esoA_exametecno
  • gabrielmuniz_2esoA_practica1_writer
3) Saber identifica os tipos de documentos: todos os arquivos deben levar a extensión do programa co que foron creados. Exemplos:
  • odt: arquivo de writer
  • ods: arquivo de calc
  • odp: arquivo de impress (presentación)
  • jpeg, png: imaxes
  • mp3: arquivo de audio
  • mp4:  arquivo de video

4) Saber usar con soltura edixgal: entregar tarefas, enviar mensaxes, usar os foros, etc

venres, 29 de setembro de 2023

O MÉTODO DE PROXECTOS

Cando traballamos na aula taller de tecnoloxía o que facemos é construír obxectos que resolvan un problema ou necesidade.

Para que todo saia ben debemos utilizar o método de proxectos, que ten as seguintes fases:




domingo, 24 de setembro de 2023

DEBUXOS A ESCALA

En tecnoloxía, a maioría das veces non debuxamos os obxectos a tamaño real, xa que ou ben son moi grandes ou ben demasiado pequenos para o tamaño do papel (A4 ou A3)

O que facemos nestes casos é debuxar o obxecto máis pequeno ou máis grande do que realmente é; dicimos que estámos debuxado a escala. Existen 3 tipos de escalas:

1. Escala natural: o obxecto debúxase a tamaño real. Represéntase así: E:1:1
2. Escala de redución: o obxecto debúxase máis pequeno do que realmente é. Utilízase para debuxar planos de vivendas, coches, máquinas, etc. Son escalas de redución as seguintes: E:1:2, E:1:5, E: 1:10, E:1:100
3. Escala de ampliación: o obxecto debúxase máis grande do que realmente é. Utilízase para debuxar compoñentes electrónicos, pezas de máquinas, etc. Son escalas de ampliación as seguintes: E:2:1, E:5:1, E: 10:1, E:100:1
Na seguinte imaxe a figura está debuxada nas 3 escalas:


Exemplo de plano a escala de reduccion: E 1:100 (plano dunha casa)





Exemplo de plano a escala de ampliación: E 5:1 

Aqui vos deixo un exercicios para practicar as escalas; e un video explicativo

venres, 7 de outubro de 2022

AS VISTAS DUN OBXECTO

En tecnoloxía, o debuxo técnico utilízase para comunicar ideas. Por exemplo, antes de construír un obxecto hai que debuxalo para saber como vai ser o seu aspecto final.  
Os obxectos poden debuxarse en perspectiva, cando o que queremos é que o debuxo se pareza á realidade. Existen a perspectiva isométrica e a cabeleira (entre outras).
Este ano usaremos moito mais outra forma de debuxar chamada as vistas, xa que nos permite ver moitos detalles dos obxectos. Imos ver en que consiste.
A maioría dos obxectos teñen 6 caras (a de arriba, a de abaixo e as caras laterais). Normalmente é suficiente con representar 3 caras, xa que as outras son iguais entre si. Eses 3 vistas son: 
  • O alzado ou vista de fronte.
  • A planta ou vista dende arriba.
  • O perfil ou vista dende un lado.
O alzado debe ser a vista máis representativa do obxecto, ou sexa, a que teña un maior número de detalles (por exemplo, nas vistas dunha calculadora hai que escoller como alzado a cara onde están as teclas).

Unha vez debuxado a alzado, as outras vistas deben situarse no papel nunha posición determinada:
  • A planta debe debuxarse debaixo do alzado, e debe ser da mesma anchura que el.
  • O perfil (esquerdo) debe debuxarse á dereita do alzado, e debe ter a mesma altura que el e ademáis a mesma profundidade que a planta. 
Fíxate nos seguintes exemplos das vistas dunha silla e dun coche:
Vistas dunha silla






O debuxo en perpectiva da silla sería así:









mércores, 7 de setembro de 2022

TECNOLOXÍA ESO

Material necesario:
  • Caderno cadriculado (ou follas soltas cadriculadas)
  • Bolígrafo azul ou negro
  • Lápis (obrigatorio para os debuxos)
  • Regra pequena
  • Funda plástica (para as fotocopias entregadas).
  • Portatil abalar (coa batería cargada).
  • Conta de gmail e cartafol de drive compartido comigo (tecnosoutomaior@gmail.com)

Nota da avaliación:
  • Exame: 4 puntos
  • Proxecto de construción e memoria técnica: 4 puntos
  • Caderno, prácticas informática, entregas edixgal: 2 puntos

A recuperación das avaliacions suspensas farase nun exame final en xuño.
Nota final: Será a media das 3 avaliacións.
A materia pode aprobarse tendo unha avaliación suspensa sempre e cando a nota da mesma sexa como mínimo un 3 e a media das 3 avaliacions sexa igual ou superior a 5
.




martes, 6 de setembro de 2022

FERRAMENTAS DA AULA TALLER

As ferramentas da aula taller serven para realizar unha ou varias das seguintes operacións:
  1. Medir, marcar e trazar.
  2. Suxeitar.
  3. Cortar e serrar
  4. Perforar. 
  5. Desbastar ou afinar.
  6. Tallar ou rebaixar.
  7. Unir, pegar, cravar ou aparafusar.
  8. Acabar ou pintar.


No seguinte video podes ver as principais ferramentas que debes coñecer e unha explicación de para que operación se usan:



luns, 20 de setembro de 2021

DOCUMENTOS PARA A MEMORIA

Aquí vos deixo uns enlaces a algúns documentos necesarios para elaborar a memoria do voso proxecto:
Actividade: fai unha táboa coa lista de tarefas necesarias para:

  1. Pintar unha habitación.
  2. Cociñar unha pizza.
  3. Colgar un cadro na parede á unha certa distancia do chan e centrado na parede (ver video de abaixo)
  4. Reparar o pinchazo a bici.
  5. Fritir un ovo.


COÑECEMENTOS BÁSICOS TIC

COÑECEMENTOS BÁSICOS SOBRE O MANEXO DO ORDENADOR 1 ) Saber enviar correctamente un email 2) Saber nomear correctamente un arquivo. Regras bá...